Este mapa mostra as rutas de sendeirismo sinalizadas de todo o mundo.
As rutas superpóñense no OpenStreetMap estándar e, opcionalmente, nunha capa de sombreado. O mapa de rutas está xerado en base aos datos do proxecto OpenStreetMap (OSM). O OSM é un mapa mundial libremente editable no que calquera persoa pode participar. Isto significa que está lonxe de estar completo, pero tamén quere dicir que vostede pode contribuír engadindo novas rutas e corrixindo os erros existentes. Para atopar máis información sobre o OpenStreetMap, consulte a guía para principiantes.